30 ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN A SOLAINA DE COMBARRO

A ASOCIACIÓN A SOLAINA FUNDOUSE EN 1987

Este ano conmemoramos o 30 Aniversario da Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro.

Con ese motivo celebraremos varias actividades e participaremos e varías accións de difusión, defensa e promoción do patrimonio cultural de Combarro e de Galicia.

O 18 de febreiro organizamos en Combarro unha Xornada de Promoción de Produtos Galegos con Indicativo de Calidade, coa colaboración dos Consellos Reguladores e as Denominacións de Orixe Protexidas: Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro, Viños de Valdeorras e Augardentes e licores tradicionais de Galicia.

O 10 de marzo participamos nas Xornadas de Sensibilización, Situación Actual e Propostas de Futuro para os Hórreos de Combarro, que organiza a Oficina da Área de Rehabilitación Integral de Combarro, do Concello de Poio, con dúas ponencias sobre A Lóxica Construtiva do Conxunto Histórico de Combarro e  A Arquitectura do pan.

Agardamos a vosa participación.

Iremos dando cumprida conta destas actividades a través deste medio de comunicación.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”