Asociación A Solaina

A "Asociación para a Defensa do Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro, A Solaina" foi fundada en 1987. O 29 de outubro de 2011 os seus estatutos foron renovados. A entidade pasou a denominarse "Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro, A Solaina".

Os seus obxectivos fundamentais son a preservación e o fomento do patrimonio construído do pobo de Combarro, declarado Conxunto Histórico en 1972, e da calidade de vida dos seus habitantes.

As accións e actividades promovidas por A Solaina son diversas. Entre elas encóntrase a elaboración de informes, folletos e guías sobre o Conxunto Histórico de Combarro e a arquitectura popular de Galicia. Ademais promove a realización de exposicións, conferencias e seminarios, así como de planos históricos. As xestións ante as administracións públicas tamén forman parte das súas iniciativas.

En recoñecemento ao seu labor, en 1992 foille concedido o Premio Pedra do Destino, pola Asociación de Amigos dos Museos de Galicia.
(http://www.amigosmuseosgalicia.org/pedradodestino.asp)

En 2012, a Asociación A Solaina coordinou os actos conmemorativos do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico.


**

La "Asociación para a Defensa do Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro, A Solaina", fue fundada en 1987. El 29 de octubre de 2011 sus estatutos fueron renovados. La entidad pasó a denominarse "Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro, A Solaina".

Sus objetivos fundamentales son la preservación y fomento del patrimonio construido del pueblo de Combarro, declarado Conjunto Histórico en 1972, y de la calidad de vida de sus habitantes.

Las acciones y actividades por A Solaina son diversas. Entre ellas se encuentra la elaboración de informes, folletos y guías sobre el Conjunto Histórico de Combarro y la arquitectura popular de Galicia. Además promueve la realización de exposiciones, conferencias y seminarios, así como de planos históricos. Las gestiones ante las administraciones públicas también forman parte de sus iniciativas.

En reconocimiento a su labor, en 1992 le fue concedido el Premio Pedra do Destino, por la Asociación de Amigos de los Museos de Galicia.
(http://www.amigosmuseosgalicia.org/pedradodestino.asp)

En 2012 coordinó los actos conmemorativos del 40 Aniversario de la Declaración de Combarro como Conjunto Histórico.

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”